Vigtacora 30

 


As semanas con festivo intercalado poden chegar a trastocar un pouco os plans xa fixados… Outra semana con pouca historia: tocou un mércores cos Beerrunners Coruña, entrando momentáneamente no top 5 nun segmento de Strava  (a costa que baixa desde o ascensor do monte de San Pedro ata o Millenium) e despois unha breve sesión de series na Baña, baixando récords persoais. Moito avance no tema de rexistros, pero realmente moi poucos km percorridos para o maratón… Para outra semana será!