Vigtacora 32


Unha semana un pouco accidentada na que xa comezan a aparecer os nervios! A difícil conciliación entre saír correr e unha vida social en ocasións demasiado activa e non ser máis sacrificado á hora de saír de festa, súmase ós nervios i estrañas molestias que van xurdindo nestes derradeiros compases do adestramento…

Ó final só puiden saír en dúas ocasións e apenas sumei 24 km… Non se achega ás cifras dun plan de adestramento profesional, pero todo km que se faga vai sumando ata o final.