E chegamos á Vig Week! Tres últimos días de adestramento, con pouco máis que engadir a todo o que vistes ata o momento! Despois de ler comentarios no foro de Correr en Galicia, só podo dicir que noto que a miña preparación non foi nin de lonxe todo o profesional que debería para non mancarme e acadar un bo rexistro sen riscos… Pero bueno, despois destes escasos 408 km desde xaneiro, quedan por diante os 42 km do domingo na VigBay.

Moita sorte ata todos os participantes, a agardar que non chova demasiado e a correr con sentidiño!