Vigtacora 14

Hai semanas con citas importantes nas que non saen as cousas como un espera… E menos mal que todo é cuestión de relativizar e realmente non son cousas preocupantes, pero cadrou que na semana do ecuador do adestramento foi máis axitada do previsto… Tanto o luns como o mércores foron rodaxes dentro do previsto, un cun ritmo máis alegre e outro máis relaxado… O fin de semana por motivos persoais non tiña decidida a miña asistencia na Media Maratón de Coruña, e xusto cando unha colega runner me conseguira un dorsal sen participante, o sábado tiven un amencer horripilante de malestar físico con mareos e baixón de tensión.

Despois de recuperarme ós poucos durante todo o día ata chegar con febre de sábado noite (febre da mala), tomei a última decisión coa almofada… E entre o dilema de ser racional e repousar, e o de ser irruncional e non saltarse un adestramento de 21 km nun momento decisivo, gañou o segundo. Aclaración: o amencer do domingo non tivo nada que ver co da mañá anterior. Por sorte, dentro da indisposición previa, a carreira tivo moi boa meteoroloxía, e dentro de que noutro contexto podería ter apretado un chisco máis, deixar a marca desta edición do Medio Maratón en sub 1h 45min déixame máis que satisfeito. Sobre todo, porque a semana pasada non sabía se podería ter dorsal e o día antes non tiña nin idea de se podería tomar a saída.

VIÑETA EXTRA BONUS: Correr con Super Lili o teu carón en Coruña é sentir moi de preto a fama local dunha superstar.