Vigtacora 18
Vigtacora 19

Despois de sobrevivir ó baixón de tensión e mais o medio maratón de Coruña, tocou outra semana rutinaria de adestramento. Neste caso, non estou 100% co traballo realizado, xa que nin fixen tanto quilómetros como debería / me gustaría nin me notaba tan cómodo co ritmo marcado. Máis aló do fin de semana no que tocará facer unha rodaxe de 30 km, debería repetir algunha de máis de 20 km do tirón. Esta semana non houbo máis excusa que a falta de motivación, xa que o tempo foi espléndido e tiven tardiñas libres e un fin de semana bastante desocupado (agás a festa da filloa da Baña, cita ineludible).

En fin, 34 km máis en total e sen molestias físicas. Unha vez pase a vindeira de semana de entroido, chegará xa o inicio da recta final, co maratón a mes vista. Aí seguimos!