Aínda que non era a miña intención inicial, continúo sen coller o ritmo á publicación semanal de viñetas… A lesión “daquela maneira” que teño desde comezos de ano non remata por desaparecer e manter a motivación e a constancia non está resultando moi doado…

Pero bueno, tendo en conta que tiven a sorte de poder finiquitar a miña segunda maratón sen mancarme máis da conta (a de Barcelona hai dúas semanas) e pouco a pouco remite a dor, a cousa ten pinta de ir con xeito. A ver se participando se coa chegada da primavera e a participación na VigBay, podemos seguir correndo xuntos nesta tirada virtual! Ímos aló!