O experimento de Nike non serviu para bater o obxectivo marcado, pero a verdade que resultou un espectáculo digno de celebrarse e ser vivido. A madrugada de onte no circuito de Fórmula 1 en Monza, déronse cita adestradores, científicos, executivos e demais xente para intentar escachar a mítica barreira de dúas horas en rematar un maratón (42.195 metros).

O triunfo, que tamén pode entenderse como obsesión, ambición ou tolemia, terá que agardar para outra ocasión. O incríble talento i esforzo do campeón olímipico Eliud Kipchoge, sumado á tecnoloxía, ciencia e planificación, non puido superar este barreira autoimposta polo ser humano. Non se fixo en menos de dúas horas, pero as 2h 25s marcan un novo récord que non terá carácter oficial (non houbo control antidopaxe, nin os organismos internacionais permiten cambiar de lebres en carreira).