Pasou o día, pasou a romería! Ó final o tempo respetou moito, moitísimo a celebración do primeiro maratón VigBay 2019 e desde a primeira hora da mañá o ceo estaba bastante despexado. Despois da foto de rigor con Abel Caballero (o deste home é incríble) e co resto de Beerrunners de Coruña e Vigo, tomamos a saída nun día para facer historia. Despois de abordar o primeiro tramo do maratón cun ritmo forte ó carón de Fito, tocou unha segunda parte de carreira pola miña conta, polo que a cousa ía estar un pouco máis complicada…

Despois de momentos de dúbida nos derradeiros quilómetros, pensando ou non en rebaixar o ritmo ata chegar a camiñar, ó final resistín a tentación, subindo e baixando o monte Louredo e despois de transitar na longa entrada a Baiona e pasar por debaixo do arco da meta dentro das expectativas. Unha marca máis no meu cinturón de maratóns con final feliz, baixando a miña mellor marca persoal en 20 segundos (que non é marca menor, ou dito doutro xeito que diría Mariano, é marca maior).

Moitas gracias a todos os que vos pasastes por este blog durante estas semanas!!